Despois do éxito das primeiras edicións volvemos cunha nova edición do Simposio Galego de Citología.
A exposición casos clínico-patolóxicos farase, como en edicións anteriores, a cargo de citotécnicos da maior parte dos hospitais galegos, ademais nesta ocasión contaremos con profesionais de fóra das nosas fronteiras como é o caso de compañeiros de Zamora, Oporto e Lisboa.
Evento acreditado pola Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias do Sistema Nacional de Saúde da Comunidade Autónoma de Galicia
con 0,5 créditos CFC (4,5 horas).