A ORGANIZACIÓN

Quen somos?

O 30 de novembro do ano 1989, constitúese a Asociación Galega de Técnicos de Laboratorio (AGTL) cuxo ámbito profesional limítase a Técnicos Especialistas en Análisis Clínicos e Técnicos Especialistas en Anatomía Patolóxica.

A Asociación Galega defendeu aos Técnicos Especialistas nas súas orixes, así como, aos Técnicos Superiores na actualidade, en todas as situacións onde se nos reclamou, como exemplo, a sentenza gañada sobre o Banco de Sangue do Hospital da Coruña, que obrigou á administración para crear as prazas necesarias no laboratorio de Banco de Sangue para os Técnicos Superiores, máis de 20 prazas. 

A Asociación Galega estivo representando aos TSS Galegos tanto no ámbito autonómico como no estatal xunto con outras organizacións amigas de Técnicos Superiores, buscando sempre o desenvolvemento profesional pleno da nosa profesión, a publicación como categorías estatutarias de todas as especialidades de TSS, así como, a mellora formativa que os TSS necesitan para a equiparación aos nosos homólogos europeos, pero sobre todo, para poder exercer a nosa profesión coa calidade e profesionalidade que os nosos pacientes deben de recibir e nós estamos obrigados a prestar.
Quen somos?
No ano 2019, por aprobación na Asamblea Xeral Extraordinaria do 10 de maio, consolídase o cambio que se estaba aplicando dende hai uns anos e modifícase a denominación da AGTL pola de Asociación de Técnicos Superiores Sanitarios de Galicia ( Atessga), ampliando o ámbito profesional estatutario a todas as especialidades de grao superior sanitario recollidas na Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias:
  • Técnico Superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico.
  • Técnico Superior en Audioloxía Protésica.
  • Técnico Superior en Dietética.
  • Técnico Superior en Documentación e administración Sanitarias.
  • Técnico Superior en Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear.
  • Técnico Superior en Laboratorio Clínico e Biomédico.
  • Técnico Superior en Ortoprótesis e Produtos de Apoio.
  • Técnico Superior en Saúde Ambiental.
  • Técnico Superior en Radioterapia e Dosimetría.
Atessga é unha asociación cuxo ámbito territorial é a Comunidade Autónoma de Galicia e ten por finalidade a defensa dos intereses profesionais, formativos e científico-técnicos dos Técnicos Superiores Sanitarios.

Atessga somos o que somos grazas ás achegas dos nosos socios e socias, e por suposto ao noso traballo, non dependemos economicamente de ningún organismo ou entidade pública ou privada, isto permítenos actuar con total independencia e autonomía na defensa do colectivo de Técnicos Superiores Sanitarios.

Atessga é unha asociación profesional sen ánimo de lucro.

Obxetivos

  • A representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos seus asociados.
  • Fomentar e defender os intereses dos TSS, tanto individual como colectivamente.
  • Equiparación e homologación da formación dos Técnicos Superiores aos nosos homólogos europeos (titulación de Grao).
  • Regularización da figura do coordinador técnico de Xestión.
  • Elevar o nivel científico-técnico e profesional mediante programas de formación.
  • Fomentar a difusión e intercambio de coñecemento mediante a realización de xornadas profesionais ou científicas.
  • Colaboración e Cooperación con Organizacións homólogas.
  • Creación do Colexio Profesional no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Qué ofrece Atessga?

Para a túa seguridade no traballo

  • Seguro de responsabilidade civil (coa aseguradora A.M.A.)
  • Protección xurídica.
  • Asesoramento Fiscal, Laboral e Xurídico (Coa Asesoría FH Asesores)

Para estar informado

  • Información Instantánea vía SMS e correo electrónico (bolsas de emprego, convocatorias de oposicións e concursos de traslado).
  • Boletíns informativos.
  • Revista profesional/científica semestral.

Para estar formado

  • Actividades formativas ( online, a distancia e presenciais).
  • Plataforma de formación propia (atessga.classonlive.com).
  • Convenios de colaboración con entidades formativas de primeira orde.

Para crecer profesionalmente

  • Xornadas (científicas e profesionais) con periodicidade bianual.
  • Simposios por Especialidade.
  • Congresos Nacionais.

Xunta directiva

A Xunta Directiva rexe, administra e representa á asociación, executando e dando cumprimento aos acordos da Asemblea Xeral. Desenvolve as actuacións económicas, administrativas, xudiciais e todas aquelas que considere necesarias para a consecución dos fins e obxectivos da asociación, respondendo da súa xestión ante a Asemblea Xeral.

A actual Xunta Directiva foi elixida por acordo da Asemblea Xeral de Socios do día 21 de mayo de 2021, e está composta por un equipo que mestura a experiencia coa mocidade, buscando unha renovación e actualización total da asociación, sendo unha garantía, tanto no desenvolvemento da nosa profesión, como na representación e o asesoramento eficaz para os Técnicos Superiores Sanitarios.
Juan R. Pérez Gómez
JUAN R. PÉREZ GÓMEZ
PRESIDENTE
TS Laboratorio Clínico e Biomédico
TS Anatomía Patológica e Citodiagnóstico

presidencia@atessga.org
María Luisa López Vega
MARÍA LUISA LÓPEZ VEGA
VICEPRESIDENTA / RESPONSABLE EVENTOS
TS Anatomía Patológica e Citodiagnóstico
TS Laboratorio Clínico e Biomédico

vicepresidencia@atessga.org
José M. Valcárcel Riveiro
JOSÉ M. VALCÁRCEL RIVEIRO
SECRETARIO / RELACIONS INSTITUCIONAIS
TS Anatomía Patológica e Citodiagnóstico

secretaria@atessga.org
José Jácome Varela
JOSÉ JÁCOME VARELA
TESOREIRO
TS Laboratorio Clínico e Biomédico

tesoreria@atessga.org
Eva Sequeiros Troncoso
EVA SEQUEIROS TRONCOSO
VOCAL / RELACIONS LABORAIS
TS Radioterapia e Dosimetría

radioterapia@atessga.org
Yolanda Rico Rodríguez
YOLANDA RICO RODRÍGUEZ
VOCAL / REDACTORA REVISTA
TS Anatomía Patológica e Citodiagnóstico

redaccion@atessga.org
Carolina Gómez de María
CAROLINA GÓMEZ DE MARÍA
VOCAL / RESPONSABLE FORMACIÓN
TS en Anatomía Patológica y Citodiagnóstico

formacion@atessga.org
Sara Manzano Martín
SARA MANZANO MARTÍN
VOCAL
TS en Radioterapia y Dosimetría

vigo@atessga.org
Lourdes Liste Tizón
LOURDES LISTE TIZÓN
VOCAL / RELACIÓNS LABORAIS
TS en Anatomía Patológica y Citodiagnóstico

asesoria@atessga.org
Laura García Bernárdez
LAURA GARCÍA BERNÁRDEZ
VOCAL / PLATAFORMA DE FORMACIÓN
TS en Radioterapia y Dosimetría

aulavirtual@atessga.org
Ricardo Morado Álvarez
RICARDO MORADO ÁLVAREZ
VOCAL / RELACIÓNS INSTITUCIONAIS / COLEXIO PROFESIONAL
TS en Dietética

colegioprofesional@atessga.org