FORMACIÓN
Recoñecemos o valor esencial da formación continuada nunha profesión científico-técnica caracterizada pola súa constante transformación e avance. A actualización permanente de coñecementos e competencias resulta imprescindible para o desenvolvemento profesional, a mellora continua e o mantemento de estándares de excelencia no ámbito sanitario.

Presentámosvos aos nosos colaboradores e unha ligazón directa aos seus webs, desta forma teredes acceso a toda a súa oferta formativa actualizada, todos os cursos das súas ofertas en formación continuada están suxeitos ao acordo de colaboración polo que para os socios de Atessga teñen un desconto (entre un 10% - 30%).

Información e inscrición a actividades de Formación Continuada

Modificamos a forma de matrícula cos nosos colaboradores, agora accederás ás súas páxinas web onde poderás ver toda a súa oferta formativa actualizada, así como, seleccionar o curso e matricularche directamente:
  • No caso de formacións propias de Atessga, se redireccionará ao pulsar o botón "Ver formación" aos cursos activos onde poderás ver e seleccionar o que che interese así como acceder á plataforma de pago onde poderás realizar a matrícula, lembra solicitar o teu bono desconto.
  • No caso de formacións con ASPROS se che redireccionará á súa web onde farás a matrícula e o pago directamente, lembra solicitarnos o bono desconto.
  • No caso de formacións con IFAPES se che redireccionará á súa web onde farás a matrícula e o pago directamente, lembra solicitarnos o bono desconto.
  • No caso de formacións con BAC Formación se che redireccionará á súa web onde farás a matrícula e o pago directamente, lembra solicitarnos o bono desconto.
  • No caso de formacións con masqcie10 se che redireccionará á súa web onde farás a matrícula e o pago directamente, lembra solicitarnos o bono desconto.
O ingreso debe realizarse na conta do Banco Sabadell ES08 0081 2193 1000 0119 7028 a nome da Asociación de Técnicos Superiores Sanitarios de Galicia ( Atessga) indicando en observacións o nome da persoa que realiza o curso.

Na formación a distancia a documentación e material do curso enviarase ao cursillista á dirección indicada na solicitude sen cargo algún.

O incumprimento por parte do solicitante dalgunha das instrucións de matriculación no curso dará como resultado a nulidade de inscrición no mesmo.

Os diplomas serán enviados polas empresas colaboradoras segundo os tempos que indican nas súas páxinas web.