Síguenos en:
COMUNICADO COMISIONES POR EL GRADO (28/01/2026)
Queremos recalcar unha vez máis o noso agradecemento ao colectivo profesional de Técnicos Superiores Sanitarios de toda España, polo seu compromiso adquirido e a confianza mostrada nas nosas Comisións. Sen as concentracións, manifestacións, e folga efectuadas ao longo de todo este tempo, non estariamos agora mesmo aquí a data de hoxe.

Non imos permitir retrocesos, nin enganos, nin desmobilización, por parte de ninguén.

Seguimos na loita, e ata a Victoria, sempre.
12/01/25 COMUNICADO OFICIAL BORRADOR ESTATUTO MARCO
Publicouse o novo borrador do Estatuto Marco, neste documento veñen reflectidos os cambios solicitados pola Comisión polo Grao, este comunicado explica os cambios que se introducen.
ATESSGA REXEITA A EXTERNALIZACIÓN DA CODIFICACIÓN DAS HISTORIAS CLÍNICAS DOS HOSPITAIS DA ÁREA SANITARIA DE LUGO, A MARIÑA E MONFORTE DE LEMOS.
Esta licitación supón a privatización dunha actividade esencial para a sanidade pública e pon en risco a confidencialidade dos datos que figuran nas historias clínicas xa que o 70% do persoal da empresa que realice a codificación accederá desde fora da rede do SERGAS a toda a documentación clínica necesaria (informes médicos, histolóxicos, cirúrxicos, etc.).

BENVIDOS A NOSA WEB

A nosa páxina é unha ferramenta para tódolos Técnicos Superiores, aquí encontraredes formación continuada de calidade, as últimas noticias de interese no noso ámbito profesional e o soporte para o apoio e asesoramento que necesitedes no voso ámbito laboral e profesional.
MÁIS SOBRE NÓS

XUNTOS TODO ENCAIXA!!!

A Asociación de Técnicos Superiores Sanitarios de Galicia traballando por e para o Técnico Superior
CONTACTA CON NÓS
PROGRAMAS DE FORMACIÓN
Atessga no seu programa de formación, ofrece cursos e actividades orientados en fomentar a adquisición de coñecementos, habilidades e aptitudes capaces de garantir a tódolos técnicos superiores sanitarios as suas actividades de maneira autónoma e competente. Tódolos cursos e actividades están acreditados pola Comisión de Formación Continuada (CFC) do sistema nacional de saúde, e están orientados a que sirvan para o recoñecemento da carreira profesional, como méritos en oposiciones ebolsas de traballo, en calquera comunidade autónoma.
MÁIS INFORMACIÓN
Programas de formación